viernes, 22 de marzo de 2013

DÍA DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA




O día 21 de marzo tivo lugar un acto literario organizado pola Fundación Insua dos Poetas en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense e o Concello do Carballiño. O acto tivo lugar na paraxe denominada Insua dos Poetas na Esgueva (Madarnás) ao que foi convocado o noso centro, o IES nº1, xunto cos demais centros escolares da vila. 


Consistiu na lectura de poemas e textos adicados á auga, a árbore e á palabra e a plantación de numerosas árbores.


 Do IES nº 1 asistiron 20 alumnos/as de 4º da ESO que foron seleccionados/as a través dos traballos presentados. Deles dúas alumnas leron os seus poemas: Andrea Pregigueiro e Nerea Darriba. 





Despois da lectura de todos os textos puidemos plantar media ducia de árbores que quedarán alí en lembranza da nosa participación. Finalmente houbo  libros de agasallo para todos.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NO IES Nº1




O Obradoiro de fotografía do IES nº1 realizou unha Exposición fotográfica onde se recollen os mellores traballos dos alumnos/as realizados neste curso 2012-2013. 






Baixo a dirección de Héctor Guzmán, fotógrafo profesional e a quen lle agradecemos moito a súa 
colaboración, 

O alumnado recibiu durante catro meses coñecementos e técnicas fotográficas, que foron acompañadas de traballos prácticos.



 A exposición recolle fotografías de Patricia Pérez, Laura Díaz, Mariam Figueiral, Santi González e Miriam Souto. Queremos felicitalos a todos eles pola calidade dos seus traballos. Esperamos que o ano que vén vos animedes moitos máis a participar. 




MARZO : MES DA IGUALDADE

Con motivo do Día da Muller que se celebra o día 8 de marzo queremos adicar todo o mes á igualdade.


DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS (1948)

Artigo I


Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros.

Artigo II

Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción de raza, color, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra.



DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO (1924)

Artigo I

Todos os nenos e nenas deben ter os mesmos dereitos sen distinción de sexo, color, relixión ou condición económica.



Charlas sobre igualdade

En colaboración co Cruz Vermella levaranse a cabo unha serie de charlas dirixidas ao alumnado de 2º e 3º da ESO.







Mulleres e literatura

Con motivo desta celebración a Biblioteca do centro, o Departamento de Lingua Española e o Departamento de Lingua Galega levaron a cabo varias actividades, baixo o nome de Mulleres e literatura:










Exposición de libros da biblioteca escritos por mulleres con pequenas reseñas sobre a súa vida e obra.


Exposición de poemas e textos elaborados por autoras galegas españolas e universais, que van acompañados polos datos das autoras.