OBRADOIROS


COMEZA O OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA

O día 20 de novembro empezou o obradoiro de fotografía cun curso de fotografía básica dixital. Será impartido por Héctor Guzmán, fotógrafo profesional. É todo un luxo para o centro poder contar con el para esta actividade así que non deixedes escapar esta oportunidade para aprender moito sobre fotografía.

O curso consta de once sesións de dúas horas, será os mércores de 16:00 a 18:00, e prolongarase ata o mes de febreiro. O custe da actividade é de 5 euros para todo o curso. As persoas que xa están inscritas deberán pasar pola vicedirección para realizar o pago.

Necesitaredes traer cámara dixital, libreta e bolígrafo

E traede tamén moitas ganas de aprender e de fotografar!!!!