miércoles, 23 de enero de 2013

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe iniciouse no IES nº1 un Obradoiro de Prevención de Violencia de Xénero. É unha iniciativa da Concellaría de Igualdade e Benestar Social  do Concello de Carballiño en colaboración cos centros educativos da vila. Está dirixido ao  alumnado de 1º da ESO e levarase a cabo todos os 4º mércores e venres do mes ata o remate do curso. Está previsto que esta campaña continúe nos próximos cursos escolares incorporando o alumnado que curse 1º da ESO en anos sucesivos.

COMO VIVIR SEN ACABAR CO PLANETA








Este é o título da exposición que o alumnado do IES nº 1 elaborou coordinada polo Departamento de Ciencias da Natureza.











A través de paneis explicativos deseñados e coloreados polo propio alumnado baixo a dirección do profesor Xulio Álvarez Crespo, móstranse, encadrados en distintas temáticas,  comportamentos e procesos respectuosos co Medio Ambiente.









 O profesorado de Ciencias da Natureza aproveitou a exposición para achegar ao alumnado os aspectos máis relevantes do coidado da natureza, aforro de enerxía, hábitos axeitados para preservar o noso planeta.

Reciclaxe, enerxía, auga, alimentación, transporte, ciclos da vida... son algunhas das temáticas nas que se divide a exposición. Esta mostra forma parte das actividades de temática medioambiental que se veñen realizando no centro durante o mes de xaneiro.



A ENERXÍA HIDROELÉCTRICA E AS ENERXÍAS RENOVABLES






Este é o título da conferencia que impartiu Benito Cid Álvarez, Enxeñeiro Técnico Industrial da empresa Iberdrola no IES nº 1 do Carballiño ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de ciencias.



O Xefe do Centro de Producción de San Esteban empezou a súa exposición cunha breve descrición do Sistema Eléctrico Español para analizar despois a contribución e papel da enerxía hidráulica no balance da enerxía nacional. O funcionamento das centrais hidráulicas e e a relación dos encoros co medio ambiente foron outros temas da conferencia.




CAMPAÑA DE RECICLAXE

O Departamento de Ciencias da Natureza está a impulsar e coordinar unha campaña de reciclaxe que se levará a cabo durante todo o curso. Está dirixida a todo o alumnado do centro e pretende crear conciencia da necesidade de reciclar materiais. Consiste en habilitar recipientes e contedores para recoller papel, cartón e pilas. Estarán distribuídos por todo o edificio e posteriormente serán baleirados e recollidos por distintas empresas de reciclaxe e xestión de residuos.

Esta acción enmárcase nas actividades que con motivo do Mes do Medio Ambiente se están a desenvolver no centro.

lunes, 14 de enero de 2013

XEOLOXÍA MEDIOAMBIENTAL: RISCOS XEOLÓXICOS E RECURSOS


Este foi o título da Conferencia que Pablo González Cuadra (Doutor en Xeoloxía pola Universidade de Salamanca)impartiu hoxe no centro ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato da opción de Ciencias. A conferencia tivo lugar na Aula de Atención Educativa ás 11:35 da mañá.



Esta conferencia inscríbese dentro das actividades que con motivo do Mes do Medio Ambiente se están a levar a cabo no IES nº 1 do Carballiño.




viernes, 4 de enero de 2013

XANEIRO 2013: MES DO MEDIO AMBIENTE

FELIZ ANO NOVO e PRÓSPERO MEDIO AMBIENTE!!!


Esta será a temática deste recén estreado mes no IES nº1 do Carballiño. 

Adicaremos as actividades extraescolares a potenciar hábitos axeitados que respecten, protexan e coiden o noso entorno máis próximo. 

Para isto elaboraremos unha exposición que leva por título Como vivir sen acabar co planeta, onde o alumnado realizará murais que informen da maneira máis correcta de conducirnos no día a día para non danar o medio ambiente.

Realizaremos un concurso de fotografía que leva como título Fotodenuncia. (Consulta aquí as bases). Queremos despertar o voso instinto detectivesco e ver como plasmades en fotografías aqueles atentados contra a natureza que vós mesmos descubrades.



Lembraremos a catástrofe do Prestige, producida hai dez anos, a través da Exposición: Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible, exposición cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) complementándoa con proxeccións dun vídeo-documental sobre o desastre que ocasionou.

E contaremos coa presenza de dous expertos en xeoloxía e en enerxías renovables que nos falarán sobre estes temas nas súas conferencias. Xa vos iremos contando todo isto polo miúdo.