miércoles, 15 de enero de 2014

XANEIRO: MES DO MEDIO AMBIENTE NO IES Nº1 DO CARBALLIÑO


A Exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción, cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) estará ao longo de todo o mes de xaneiro no IES nº 1 do Carballiño. 

A mostra pretende establecer a evolución do clima, analizar as causas do efecto invernadoiro e o quecemento do planeta incluíndo as emisións que se producen na comunidade galega. Repasa así mesmo as iniciativas internacionais que pretender paliar as graves consecuencias do cambio climático e as medidas que desde a escola poden levarse a cabo.



A exposición insírese dentro das actividades organizadas con motivo do Mes do Medio Ambiente, este curso adicado ao cambio climático. Outras actividades que incidirán nesta temática serán charlas, proxección de varios documentais, entre eles o oscarizado documental “Unha verdade incómoda”, de Al Gore, Premio Nobel da Paz 2007, compartido co Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático. 



Desenvolverase  tamén unha campaña de reciclaxe que se estenderá ao longo de todo o curso.

Todas estas actividades teñen como obxectivo tomar conciencia sobre a necesidade de modificar hábitos de vida e así contribuír á saúde do planeta.

Ti tamén podes facer moito!!!!