BASES DE CONCURSOS



BASES CONCURSO DE DISFRACES DE ENTROIDO



1ª PARTICIPANTES

Poderán concorrer a este certame todos os alumnos/as do IES nº1 do Carballiño que o desexen con inventiva, ganas de divertirse e espírito carnavaleiro, disfrazados/as de cualquera personaxe ou tema, sen outra limitación que a aceptación destas bases.

A participación será individual, por parellas ou en grupo, sen limite de número máximo.

2ª LUGAR E HORA DE CELEBRACIÓN

O concurso terá lugar o día 28 de febreiro de 2014 no IES nº1 do Carballiño.

 3ª REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

Os participantes deberán realizar un desfile para que poidan ser valorados os seus disfraces.

Os participantes que vaian realizar a súa presentación utilizando música, deberán facilitar a música nun pen-drive ou cd, en formato mp3 ou comunicarán á vicedirección o tema musical que desexan poñer durante a súa posta en escena.

Pódese así mesmo realizar unha interpretación musical, en play-back ou en directo, relacionada co motivo do disfrace.

Puntuaranse os disfraces en función da orixinalidade, deseño, traballo de elaboración, posta en escena, música utilizada e coreografía.

4ª INSCRICIÓNS

Cada participante ou grupo de participantes  deberá inscribirse no concurso remitindo un correo electrónico á dirección estralotes@gmail.com antes do día 21 de febreiro.  No “asunto” do correo electrónico deberá especificarse “Concurso de disfraces de entroido” e no corpo da mensaxe aparecerán os seguintes datos:

- Nome e apelidos de cada participante.
Curso.
Categoría na que se participa: individual, parella ou grupo.
Música que van a utilizar como ambientación da súa presentación (facilitarase nun pen-drive ou cd).
Título ou nome do disfrace co que se presentan.
- Correo electrónico de contacto (para confirmalo)

Tamén se pode facer a inscrición enchendo o impreso que se facilitará na vicedirección. Debe ser entregado no mesmo prazo, antes do día 21 de febreiro.

5ª PREMIOS

Establécense os seguintes  premios por categoría:

Premio ao mellor disfrace individual: 25€ e 50 puntos.
Premio ao mellor disfrace por parellas: 50 € e 50 puntos;

1º Premio ao mellor disfrace de grupo: 100 € e 50 puntos.
2º Premio ao mellor disfrace de grupo: 75€ e 30 puntos.
3º Premio ao mellor disfrace de grupo: 50 € e 20 puntos.


A entrega de premios terá lugar nun acto público que se anunciará previamente, coa presenza dos gañadores.

6ª XURADO

O Xurado estará composto por membros da A.N.P.A., profesorado, persoal non docente e alumnos/as do centro.
A resolución do Xurado será inapelable e non estará suxeita  a reclamacións.

7ª DISFRACES PREMIADOS

O vídeo e/ou as fotografías dos grupos gañadores poderán ser publicadas na web do centro e/ou no blogue Estralotes.

8ª OUTRAS CUESTIÓNS

O xurado queda facultado para resolver todas aquelas cuestións que non estean recollidas nas presentes bases.