martes, 10 de diciembre de 2013

OPERACIÓN MONARCA NO IES Nº1 DO CARBALLIÑO


Ao longo do mes de decembro o IES Nº1 do Carballiño está a presentar a Exposición Operación Monarca, cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). A exposición trata dun dos fenómenos máis abraiantes que nos ofrece a natureza galega. Unha visitante de máis alá do Océano Atlántico, a bolboreta Monarca, voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono silandeiramente




O proxecto “Operación Monarca” ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademais, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo  e a súa conservación.

A exposición  se enmarca nas actividades que se celebran con motivo do Mes do Medio Ambiente, este curso adicado ao Cambio Climático que se desenvolverá ao longo do mes de xaneiro con máis exposicións, conferencias e proxectos.