miércoles, 26 de febrero de 2014

FEBREIRO 2014: MES DO CONSUMO RESPONSABLE




O mes de febreiro está adicado ao consumo responsable.

A necesidade de pensar un pouco nos produtos que consumimos e o impacto que ten a súa produción no medio ambiente e nas persoas; a necesidade de reflexionar sobre o impacto da publicidade nos consumidores; a posibilidade de ter os nosos aforros noutro tipo de entidade financieira con diferentes obxectivos aos bancos tradicionais e outros moitos temas fan que sexa necesario abordar o tema do consumo responsable. 


Entre as actividades que se desenvolven este mes destaca a participación do noso centro nas Xornadas de Economía Social organizadas no Carballiño, promovidas, entre outras persoas, por Ricardo Paz. Grazas a el tivemos a oportunidade de contar, o xoves 13 de febreiro, nunha  mesa redonda cos representantes de finanzas éticas que traballan en Galicia: A.I.S. O Peto,  coa intervención de Ricardo Paz; Fiare, con Raquel Doallo, e Coop 57. A actividade programouse para o alumnado de 1º de Bacharelato.

O martes día 11 de febreiro ás 13:35 tivo lugar unha  charla de Gonzalo Gesto, vicepresidente de Panxea sobre as Cooperativas de consumo. A charla durou 50 minutos e estivo dirixida ao alumnado de 4º da ESO.


Haberá tamén actividades nas titorías: dinámicas interactivas, documentais e moitas cousas máis.


http://www.proyectofiare.com/web/
http://www.opeto.org/
http://www.coop57.coop/