miércoles, 20 de febrero de 2013

FEBREIRO 2013: MES DO CONSUMO RESPONSABLE


O mes de febreiro é o Mes do Consumo Responsable. Trátase de reflexionar un pouco sobre os nosos hábitos de consumo, de ver como as nosas decisións á hora de adquirir un producto inflúen na vida e no benestar de moitas persoas.

Para iso temos dúas exposicións cedidas gratuitamente pola Asociación Panxea, con sé en Santiago de Compostela, unha organización que traballa a prol do consumo responsable. 


A primeira exposición é  Mundo Solidario que nos informa sobre como é o comercio tradicional, que consecuencias ten nos países do sur, o poder que temos como consumidores e mesmo pon exemplos de malas prácticas empresariais con marcas concretas xunto con moitas outras cousas máis.

















A segunda leva por título O comercio xusto é... para concienciarnos de que hai outra forma de consumir que contribúe a xerar riqueza naquelas comunidades que máis o precisan.


Levaremos a cabo tamñen unha actividade de troco: Trocamos, onde organizaremos un mercado de troco no centro e comprobaremos as posibilidades de intercambiar camisetas, gorras, libros, comics, CDs, videoxogos, etc.  Iremos dando conta de todas estas actividades polo miúdo.

Nas titorías teremos a oportunidade de visionar documentais sobre como se elaboran os produtos que consumimos, os centros comerciais e a súa influencia no noso modo de vida e teremos ocasión de reflexionar sobre o papel que temos en toda esta engrenaxe como consumidores.




E CHEGOU O ENTROIDO!!!!


O día 8 de febreiro celebramos o tradicional Concurso de Disfraces no IES nº 1 do Carballiño. Houbo dez participacións nas modalidades de disfrace individual, disfrace de parella e disfrace de grupo, sendo esta a participación máis numerosa.


E o resultado do concurso foi o seguinte:

1º Premio disfrace individual:

Manuel Vázquez Augusto ( 3º ESO B) co disfrace Charlie Chaplin, realizando unha pequena representación.


1º Premio disfrace de  parella:

Raquel Gómez Fernández e Daniel Dacoba Conde (2º BAC B) 
co disfrace Las Azúcar Moreno.


1º Premio disfrace de grupo:


Román, Erik, Samuel, Gabriel, Alejandrina, Roberto, Javier, Ignacio, Álvaro, María, Tania, Óliver, Hugo, Jesús, Manuel, Marc, Carlos, Diego, Santiago (4º ESO A, 4º ESO B, 1º BAC A-B-C co  disfrace Crema de leite. 

2º Premio disfrace de grupo:

Belén González Ojea, Andrés Meijomil, Rocío Garrido, Ismael Domínguez, Laura González, María Muleiro, Mauro Álvarez, Angélica Candelo, Andrés Meijomil (2º BAC B) co disfrace  A Familia Real

3º Premio disfrace de grupo:


Paula Boleira, María MIllán, Marta López e María González (1ªESO A) co disfrace A nena e as bruxas.


Todas as fotos do festival e dos gañadores premendo aquí.

Moitas felicidades a todos /as!!!!! 





sábado, 2 de febrero de 2013

EXPOSICIÓN: "PRESTIGE: CRÓNICA NEGRA DUN MODELO ENERXÉTICO INSOSTIBLE












 A Exposición “Prestige: Crónica negra dun modelo enerxético insostible”, cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) foi inaugurada onte mércores día 30 no IES nº 1 do Carballiño.

A mostra pretende facer un percorrido por distintos aspectos da catástrofe do Prestige ocorrida hai dez anos e que esta sirva de punto de partida para unha reflexión sobre o problema actual da enerxía.




















Analiza en primeiro lugar as rutas marítimas internacionais e o corredor atlántico, para pasar despois a centrarse na catástrofe do Prestige. Os efectos no medio natural e económico das zonas afectadas, os traballos de recuperación, a mobilización civil son algúns dos aspectos analizados.







Nunha segunda parte a exposición fai unha reflexión sobre o modelo enerxético baseado no petróleo, a todas luces insostible, e contempla un futuro no que primen as enerxías renovables.




 A exposición insírese dentro das actividades organizadas con motivo do Mes do Medio Ambiente. Arredor dela proxectaranse documentais que lembran a traxedia e os seus efectos, realizarase un concurso de fotografía, unha campaña de reciclaxe, charlas sobre cambio climático, etc.