miércoles, 20 de febrero de 2013

FEBREIRO 2013: MES DO CONSUMO RESPONSABLE


O mes de febreiro é o Mes do Consumo Responsable. Trátase de reflexionar un pouco sobre os nosos hábitos de consumo, de ver como as nosas decisións á hora de adquirir un producto inflúen na vida e no benestar de moitas persoas.

Para iso temos dúas exposicións cedidas gratuitamente pola Asociación Panxea, con sé en Santiago de Compostela, unha organización que traballa a prol do consumo responsable. 


A primeira exposición é  Mundo Solidario que nos informa sobre como é o comercio tradicional, que consecuencias ten nos países do sur, o poder que temos como consumidores e mesmo pon exemplos de malas prácticas empresariais con marcas concretas xunto con moitas outras cousas máis.

















A segunda leva por título O comercio xusto é... para concienciarnos de que hai outra forma de consumir que contribúe a xerar riqueza naquelas comunidades que máis o precisan.


Levaremos a cabo tamñen unha actividade de troco: Trocamos, onde organizaremos un mercado de troco no centro e comprobaremos as posibilidades de intercambiar camisetas, gorras, libros, comics, CDs, videoxogos, etc.  Iremos dando conta de todas estas actividades polo miúdo.

Nas titorías teremos a oportunidade de visionar documentais sobre como se elaboran os produtos que consumimos, os centros comerciais e a súa influencia no noso modo de vida e teremos ocasión de reflexionar sobre o papel que temos en toda esta engrenaxe como consumidores.




No hay comentarios:

Publicar un comentario