sábado, 2 de febrero de 2013

EXPOSICIÓN: "PRESTIGE: CRÓNICA NEGRA DUN MODELO ENERXÉTICO INSOSTIBLE












 A Exposición “Prestige: Crónica negra dun modelo enerxético insostible”, cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) foi inaugurada onte mércores día 30 no IES nº 1 do Carballiño.

A mostra pretende facer un percorrido por distintos aspectos da catástrofe do Prestige ocorrida hai dez anos e que esta sirva de punto de partida para unha reflexión sobre o problema actual da enerxía.




















Analiza en primeiro lugar as rutas marítimas internacionais e o corredor atlántico, para pasar despois a centrarse na catástrofe do Prestige. Os efectos no medio natural e económico das zonas afectadas, os traballos de recuperación, a mobilización civil son algúns dos aspectos analizados.







Nunha segunda parte a exposición fai unha reflexión sobre o modelo enerxético baseado no petróleo, a todas luces insostible, e contempla un futuro no que primen as enerxías renovables.




 A exposición insírese dentro das actividades organizadas con motivo do Mes do Medio Ambiente. Arredor dela proxectaranse documentais que lembran a traxedia e os seus efectos, realizarase un concurso de fotografía, unha campaña de reciclaxe, charlas sobre cambio climático, etc.


No hay comentarios:

Publicar un comentario