martes, 10 de diciembre de 2013

OPERACIÓN MONARCA NO IES Nº1 DO CARBALLIÑO


Ao longo do mes de decembro o IES Nº1 do Carballiño está a presentar a Exposición Operación Monarca, cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). A exposición trata dun dos fenómenos máis abraiantes que nos ofrece a natureza galega. Unha visitante de máis alá do Océano Atlántico, a bolboreta Monarca, voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono silandeiramente




O proxecto “Operación Monarca” ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademais, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo  e a súa conservación.

A exposición  se enmarca nas actividades que se celebran con motivo do Mes do Medio Ambiente, este curso adicado ao Cambio Climático que se desenvolverá ao longo do mes de xaneiro con máis exposicións, conferencias e proxectos.

martes, 12 de noviembre de 2013

MES DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO


O mes de novembro no IES Nº1 do Carballiño estará adicado á prevención da violencia de xénero. E para traballar o tema iranse deselvonvendo ao longo do mes varias actividades coa colaboración de varios organismos e institucións. 

O martes día 12 de novembro ás 9:35 da mañá desenvolveuse o proxecto titulada "Sinerxias interxeracionais" coa temática " Do de antes e do de agora" na que contamos coa presenza de representantes de varias Asociacións de mulleres. Estiveron con nós:



Mª del Carmen Lorenzo Trigás, Presidenta de Novas Vivenzas

Olga González Fernández, 
Presidenta de A Revolta.

Alicia González Barreiro
Dinamizadora social.


A actividade pretende favorecer o achegamento e creación de sinerxias  interxeneracionais entre as mulleres do rural e a xuventude. Dignificando a figura das mulleres do rural e favorecendo a súa visibilidade.
Participaron alumnos/as de 1º de Bacharelato B e C.

A Cruz Vermella co seu voluntariado realizará algunhas dinámicas sobre o tema destinadas ao alumnado de 3º da ESO.

A Concellería de Benestar e Servizos Sociais do Concello do Carballiño ten programada unha charla dirixida ao alumnado de 4º da ESO e varios obradoiros para 1º e 2º da ESO que se iniciarán en xaneiro e se prolongarán ata final de curso. 



XOGOS, CASTAÑAS, REFRESCOS....E AMIGOS!!!!!

Así foi a tarde do día 11 de novembro, cando celebramos o magosto do IES Nº1 do Carballiño. Cristina, a profesora de Educación Física, organizou xunto cos voluntarios/as de 1º de Bacharelato, os tradicionais xogos populares do magosto. 







Visitáronos ex-alumnos que agora estudan noutros centros e que quixeron compartir con todos nós este día. 







Tivemos moita sorte porque o sol e a boa temperatura fixo posible que as actividades se desenvolvesen ao aire libre, e a boa tarde permitiu que todo o mundo disfrutase máis.




Despois de turrar da corda, correr enfundados en sacos, sorber toda a auga do mundo, bailar ao son da música sen perder de vista unha silla, apañar piñas dun círculo ao outro, xogar aos bolos e enzoufarnos de fariña para conseguir un carameloe algunhas fazañas máis, había que repoñer forzas e...houbo castañas e refrescos para todos.


 










Polas caras que aparecen nas fotografías estamos seguros de que todo o mundo o pasou estupendamente. 










Moitas grazas a Cristina a os voluntarios/as por prepararnos unha tarde tan divertida e tamén moitas grazas a todos vós por participar. 





 O resto das fotos estarán na páxina web do instituto.







O ano que vén haberá moitos máis xogos e castañas!!!!!

miércoles, 6 de noviembre de 2013

...E CHEGOU O SAMAÍN!!!!





Como todos os anos chegou o tempo das cabazas, dos colondros, das meigas e os mortos. Queremos destacar a participación que houbo no concurso de cabazas, sobre todo do primeiro ciclo da ESO. Foron un bo exemplo de imaxinación, de traballo e de ilusión.  E para demostralo aí van unhas fotos:














Añadir leyenda



















E os premios foron para as seguintes cabazas:










Esperamos que sigades participando así!!!!

viernes, 18 de octubre de 2013

CONCURSO DE BROCHETAS NO IES Nº1

 Como xa sabedes organizouse o I Concurso de brochetas de froitas e verduras no IES Nº1 do Carballiño e aquí vos traemos as fotos e o resultado do concurso. Temos que recoñecer o estupendo nivel de todas as brochetas presentadas e a dificultade que manifestaron os membros do xurado á hora de tomar decisións.

Aquí as brochetas participantes:




FRANCISCO JOSÉ NOVOA SUÁREZ- 3º ESO A
SARA FERNANDEZ GONZÁLEZ- 4º ESO B



PAULA ALONSO RODRÍGUEZ- 1º ESO A







PATRICIA PÉREZ GONZÁLEZ- 2º ESO A







Mª DE LA O ÁLVAREZ FONTAÍÑAS- 1º ESO  A























.....E as brochetas gañadoras foron:




1º Premio: Brochetas multicolor 

de Sandra Fumega (2º ESO B) 






2º PremioAs tropicais e as galegas, de María Millán 
(2º ESO A)






3º Premio ex aequoFroitas estreladas de Laura Díaz
(3º ESO A) e Tutti frutti de Noelia Lage (2ºBAC A).




  




MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR!!!!!!!

martes, 1 de octubre de 2013

OUTUBRO: MES DA ALIMENTACIÓN


Este curso seguiremos adicando cada mes a unha temática e o  mes de outubro vai ser o Mes da Alimentación. O obxectivo é concienciar a todo o alumnado da necesidade de prestar atención á alimentación, introducindo hábitos saudables no noso día a día. Por este motivo ademais de material para dinamizar un pouco o centro e a exposición "Aliméntate mellor" con consellos sobre alimentación, propóñense enquisas, xogos, actividades interactivas, destinadas ás titorías. 





Esperamos ademais incluír charlas ou dinámicas sobre hábitos alimenticios saudables a cargo da Cruz Vermella e organizaremos tamén o I Concurso de brochetas de froitas e verduras, para potenciar o consumo destes alimentos entre o alumnado (as bases do concurso está na pestana "BASES DE CONCURSOS" do Blogue Estralotes).

Por outra parte o centro foi elixido para formar parte dun estudo sobre sobrepeso e obesidade en adolescentes sobre o que teredes máis información en breve.





INAUGURACIÓN DO CURSO



Francisco Javier Rodríguez González
Fonte: La Voz de Galicia
O día 16 de setembro tivo lugar o Acto de inauguración do curso 2013-2014. Desde hai dous anos a apertura do novo curso lévase a cabo cunha conferencia pronunciada por un ex-alumnos/a do centro ou algún personaxe relevante vinculado co Carballiño. Este ano o noso convidado foi   Francisco Javier Rodríguez González, Enxeñeiro de Telecomunicacións que desempeña actualmente o cargo de Global Consulting Engineer en Riverbed Technology.  Realizou cursos de doutoramento en Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo, traballou na Academia de Operacións, formación Master interna en Nortel Networks e realizou cursos de Ciencia da computación no MIT EDX. 

O título da conferencia foi “Gustaríame ter sabido...”  e tratou sobre o que a el mesmo lle gustaría ter coñecido sendo adolescente, cando estudaba bacharelato no IES nº1 do Carballiño. O acto, ao que estiveron convidados todos os pais e nais do alumnado, tivo lugar ás 12:30 horas no Salón de Actos do centro.

A conferencia foi o remate da primeira xornada do curso, na que previamente, ás 12:00 horas, levouse a cabo a colocación do alumnado de bacharelato nas aulas.
Sendo o martes día 17 festividade local, a actividade lectiva retomouse o mércores día 18 de setembro xa con normalidade.

miércoles, 11 de septiembre de 2013

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!!

Un novo curso xa está aquí!!! E promete ser movidiño!!!

Reencontro cos amigos despois das vacacions pero tamén con novas caras que están esperando a ser coñecidas. Temos novos libros e os lapis a punto de ser afiados. Gústavos o olor que teñen os libros novos?




Un novo curso comeza e estamos argallando novas actividades para todos/as vós.

Esperamos que a colaboración nelas sexa como a do curso pasado ou aínda mellor se é posible. Haberá algunhas propostas que tiveron éxito en anos anteriores e seguiremos con elas e outras que resultarán novas pero esperamos que vos interesen igualmente.

Esperamos a vosa participación!!!



miércoles, 26 de junio de 2013

ENTREGA DE PREMIOS DE FIN DE CURSO

O día 19 de xuño tivo lugar a entrega de premios do curso 2012-2013. Premios para os gañadores das actividades deportivas que se organizaron ao longo do curso e premios para as actividades extraescolares e complementarias

O acto tivo lugar ás 10:25 no Ximnasio do centro. 

En primeiro lugar foron entregados dous premios concedidos pola ANPA a aqueles alumnos/as que acadaron Matrícula de honra en 2º de Bacharelato: Daniel Dacoba e Jessica Nogueira. Os premios foron entregados por Jovita e Teresa, nais reprensentantes da ANPA. Lamentablemente Jessica non puido asistir ao acto e o seu premio seralle entregado posteriormente.


En segundo lugar entregáronse os premios deportivos: os gañadores de Badminton, e comba foron agasallados cunha stazas. Os gañadores de fútbol-sala, baloncesto, pin-pon e futbolín recibiron cadansúa mochila da selección española de fútbol.  Houbo unha mención especial para os máximos goleadores e os máximos encestadores.Os premios foron entregados polos profesores de Educación Física Cristina Eisermann e Manuel Pedrouzo agás os premios do campionato de futbolín que foron entregados polos alumnos organizadores de 1º de Bacharelato.

Posteriormente tivo lugar a entrega por parte de Xulio Álvarez, profesor de Ciencias, do Diploma á gañadora do Concurso Fotográfico Fotodenuncia: Mariam Figueiral Alonso.

E para rematar foron entregados os premios aos alumnos/as que máis puntuación acadaron nas actividades extraescolares e complementarias:

5º posto- 160 puntos: 

Jesús Carrete Bueno (1º ESO A)
Marta López Gil (1º ESO A)
Manuel Vázquez Augusto ( 3º ESO B)

4º posto- 180 puntos:

Paula Boleira Fernández (1º ESO A)

Estes premios, uns auriculares multiusos,  foron entregados polas profesoras Mariam e Ana Rivera.

3º posto- 190 puntos:

Mariam Figueiral Alonso (1º ESO A)

Foi estregado o premio, unha cámara de fotos,  por Begoña, administrativa do centro.

2º posto- 210 puntos:

Sarah Darriba Alves (2º BAC A)

O premio, que consistía nun teléfono móbil, ía ser entregado por Jordi, presidente da ANPA, pero Sarah non estaba presente polo que recolleu o seu premio máis tarde.

E o primeiro premio.......con 220 puntos!!!!!!foi para.......

María Millán Pérez (1º ESO A)

O Director do IES Nº1, Manuel Amil, foi o encargado de entregarlle a tablet.

Parabéns a todos/as os/as gañadores/as e unha felicitación especial ao grupo de 1º ESO A que ao longo do curso participaron moito en todas as actividades programadas.

Esperamos que o próximo curso sigades participando así.