martes, 1 de octubre de 2013

OUTUBRO: MES DA ALIMENTACIÓN


Este curso seguiremos adicando cada mes a unha temática e o  mes de outubro vai ser o Mes da Alimentación. O obxectivo é concienciar a todo o alumnado da necesidade de prestar atención á alimentación, introducindo hábitos saudables no noso día a día. Por este motivo ademais de material para dinamizar un pouco o centro e a exposición "Aliméntate mellor" con consellos sobre alimentación, propóñense enquisas, xogos, actividades interactivas, destinadas ás titorías. 





Esperamos ademais incluír charlas ou dinámicas sobre hábitos alimenticios saudables a cargo da Cruz Vermella e organizaremos tamén o I Concurso de brochetas de froitas e verduras, para potenciar o consumo destes alimentos entre o alumnado (as bases do concurso está na pestana "BASES DE CONCURSOS" do Blogue Estralotes).

Por outra parte o centro foi elixido para formar parte dun estudo sobre sobrepeso e obesidade en adolescentes sobre o que teredes máis información en breve.





No hay comentarios:

Publicar un comentario