martes, 1 de octubre de 2013

INAUGURACIÓN DO CURSO



Francisco Javier Rodríguez González
Fonte: La Voz de Galicia
O día 16 de setembro tivo lugar o Acto de inauguración do curso 2013-2014. Desde hai dous anos a apertura do novo curso lévase a cabo cunha conferencia pronunciada por un ex-alumnos/a do centro ou algún personaxe relevante vinculado co Carballiño. Este ano o noso convidado foi   Francisco Javier Rodríguez González, Enxeñeiro de Telecomunicacións que desempeña actualmente o cargo de Global Consulting Engineer en Riverbed Technology.  Realizou cursos de doutoramento en Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo, traballou na Academia de Operacións, formación Master interna en Nortel Networks e realizou cursos de Ciencia da computación no MIT EDX. 

O título da conferencia foi “Gustaríame ter sabido...”  e tratou sobre o que a el mesmo lle gustaría ter coñecido sendo adolescente, cando estudaba bacharelato no IES nº1 do Carballiño. O acto, ao que estiveron convidados todos os pais e nais do alumnado, tivo lugar ás 12:30 horas no Salón de Actos do centro.

A conferencia foi o remate da primeira xornada do curso, na que previamente, ás 12:00 horas, levouse a cabo a colocación do alumnado de bacharelato nas aulas.
Sendo o martes día 17 festividade local, a actividade lectiva retomouse o mércores día 18 de setembro xa con normalidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario