QUERES GAÑAR UNHA TABLET?


COMO GAÑAR UNHA TABLET?

Este ano propoñémonos aumentar a participación nas actividades do DACE.
Todas as actividades que se programen farán gañar puntos aos participantes. 
Os alumnos/as que consigan un maior número de puntos gañarán estupendos regalos.

Anímate a participar!!!!!

CANTOS PUNTOS VOU GAÑAR?

Só por participar xa terás 10 puntos. Se ademais es o gañador/a da actividade terás 50 puntos máis, o 2º clasificado/a 30 puntos e o terceiro/a 20 puntos. 
Cando se participe en grupo, a puntuación será para cada membro do grupo.

COMO LEVAMOS A CONTA?

Cada alumno/a terá unha ficha co seu nome onde se anotará o nome da actividade, a data, os puntos conseguidos nela, o selo do centro e a sinatura do profe responsable.