viernes, 4 de enero de 2013

XANEIRO 2013: MES DO MEDIO AMBIENTE

FELIZ ANO NOVO e PRÓSPERO MEDIO AMBIENTE!!!


Esta será a temática deste recén estreado mes no IES nº1 do Carballiño. 

Adicaremos as actividades extraescolares a potenciar hábitos axeitados que respecten, protexan e coiden o noso entorno máis próximo. 

Para isto elaboraremos unha exposición que leva por título Como vivir sen acabar co planeta, onde o alumnado realizará murais que informen da maneira máis correcta de conducirnos no día a día para non danar o medio ambiente.

Realizaremos un concurso de fotografía que leva como título Fotodenuncia. (Consulta aquí as bases). Queremos despertar o voso instinto detectivesco e ver como plasmades en fotografías aqueles atentados contra a natureza que vós mesmos descubrades.



Lembraremos a catástrofe do Prestige, producida hai dez anos, a través da Exposición: Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible, exposición cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) complementándoa con proxeccións dun vídeo-documental sobre o desastre que ocasionou.

E contaremos coa presenza de dous expertos en xeoloxía e en enerxías renovables que nos falarán sobre estes temas nas súas conferencias. Xa vos iremos contando todo isto polo miúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario