Para iso temos dúas exposicións cedidas gratuitamente pola Asociación Panxea, con sé en Santiago de Compostela, unha organización que traballa a prol do consumo responsable.
A primeira exposición é Mundo Solidario que nos informa sobre como é o comercio tradicional, que consecuencias ten nos países do sur, o poder que temos como consumidores e mesmo pon exemplos de malas prácticas empresariais con marcas concretas xunto con moitas outras cousas máis.
A segunda leva por título O comercio xusto é... para concienciarnos de que hai outra forma de consumir que contribúe a xerar riqueza naquelas comunidades que máis o precisan.
Levaremos a cabo tamñen unha actividade de troco: Trocamos, onde organizaremos un mercado de troco no centro e comprobaremos as posibilidades de intercambiar camisetas, gorras, libros, comics, CDs, videoxogos, etc. Iremos dando conta de todas estas actividades polo miúdo.
Nas titorías teremos a oportunidade de visionar documentais sobre como se elaboran os produtos que consumimos, os centros comerciais e a súa influencia no noso modo de vida e teremos ocasión de reflexionar sobre o papel que temos en toda esta engrenaxe como consumidores.