miércoles, 26 de junio de 2013

ACTIVIDADES NÁUTICAS EN CASTRELO DE MIÑO

Listos para empezar

O día 21 de xuño o alumnado de
4º da ESO e 1º de Bacharelato disfrutou dunha tarde soleada e excepcional practicando distintas actividades náuticas no encoro de Castrelo de Miño. 



















Izando velas



A actividade organizada por Cristina Eisermann, profesora de Educación Física, foi un rotundo éxito. Os/as alumnos/as tiveron a oportunidade de tomar contacto con actividades como kajak, windsurf e vela. Aprender a izar unha vela ou levar a cana do barco, manter o equilibrio sobre a táboa de windsurf e aprender coño xirar no kajak foron algunhas das cousas que aprenderon.


Iniciando a travesía




Pero posiblemente a que máis éxito tivo foi "a banana", un enorme cilindro inchable que arrastrado sobre a auga cunha lancha obriga a manter o equilibrio ás persoas que van a cabalo del. 
Tiveron que transportar os kajak ata o pantalán















Todas estas actividades están impartidas por monitores do Club Náutico de Castrelo de Miño, lévanse a cabo con total seguridade tanto no material empregado como no persoal que está a cargo do alumnado.
E por fin, á auga...


...e a disfrutar!!!!!




Clase teórica antes de empezar



O monitor explica como manterse na taboa
















E agora a intentar manter o equilibrio


Os chapuzóns e as caídas foron habituais pero sen consecuencias. E ao final da tarde todos estaban cansos, mollados pero felices.


Un disfrute completo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario