martes, 25 de junio de 2013

"FRAXILIDADE", UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE SARAH DARRIBA E ALBERTO SOBRADO







Hai algúns días inaugurouse no IES Nº1 do Carballiño a Exposición Fotográfica "Fraxilidade", froito do traballo de dous alumnos de 2º de bacharelato: Sarah Darriba Alves e Alberto Sobrado. A mostra está formada por 11 fotografías, tres en color e o resto en branco e negro. As instantáneas centradas na figura humana abordan a súa ben na súa nudez ou na súa presenza máis contundente. 

Gústanos moito poder contar cos seus traballos no centro. E prevemos que isto é só o comezo de moitas exposicións e éxitos máis.



No hay comentarios:

Publicar un comentario